Persegue reducir o número de falecidos na estrada por culpa da bebida e rematar con esta mala práctica. Unha tecnoloxía, que, como apuntan os expertos, podería aínda tardar 8 anos en comercializarse.
En qué consiste este novo sistema?
O sistema esta formado en primeiro lugar, por un alcoholímetro pasivo instalado sobre o voante ou integrado na porta do condutor, que detectaría no alento o nivel de alcohol. Mediante uns destellos de luz infravermella dirixida cara ás moléculas de aire expiradas polo condutor, podería diferenciar entre as de dióxido de carbono e as de etanol, xa que cada unha delas absorbe unha cantidade de luz diferente.

Na miña opinión, é un método que, cando se comercialice, poderá salvar moitas vidas, aínda que non é de todo seguro que nun futuro todos os coches teñan este sistema, polo tanto quen quera facelo dunha maneira ou outra (e, por desgracia) pode.
No hay comentarios:
Publicar un comentario