
Estos datos provocan certa controversia no mundo científico, xa que hai uns que din que estamos no límite e que a este paso en 2100 o aumento do nivel do mar por ano será dun metro, pero non obstante hai outros que din que estes datos non son demasiado fiables xa que só son duns poucos anos.
En calquera caso a miña opinión é que podemos sacar unha clara conclusión da noticia, estámonos a cargar a Terra de tal maneira que a auga que debería estar nos casquetes polares, podería chegar a estar sobre as nosas cidades costeiras nuns poucos anos e polo tanto hai que tomar nota.

No hay comentarios:
Publicar un comentario