jueves, 29 de enero de 2015

Os meteroritos poideron acelerar a vida na terra

A ciencia aínda non ten unha resposta para a pregunta Como xurdiu a vida? Os científicos especulan con moi diversas teorías que aínda non puideron ser demostradas. Unha das posibilidades que manexan os astrobiólogos consiste en que os meteoritos non trouxeron a vida, pero si os elementos e moléculas necesarios para o seu xurdimento.



E neste sentido, unha investigación recén publicada na revista 'Proceedings of the National Academy of Sciences' (PNAS) acaba de achegar importantes datos que apoian a posibilidade dunha orixe extraterrestre das moléculas precursoras da vida terrestre.

domingo, 11 de enero de 2015

Un material repele a auga ata facela rebotar

Un metal repele de tal maneira a auga que as gotas saen disparadas nada máis rozalo, que xeran esta propiedade excepcional, denominada superhidrofobia.

O equipo de investigadores da Universidade de Rochester (EUA) que o logrou crea, usando pulsos de láser, un modelo complexo de estructuras moi pequenas para dar aos metais estas novas propiedades. A vantaxe principal desta técnica é que, ao estas dentro do propio do propio metal, esta superhidrofobia non se borra ou deteriora con facilidade, coma cando se consegue con tratamentos químicos.

Ten múltiples aplicacións, é un metal que repele de tal forma a auga que as gotas saen disparadas nada máis tocalo. O truco está nuns patróns microscópicos debuxados na súa superficie con axuda do láser, que xeran esta propiedade excepcional, denominada superhidrofobia.

Ao repeler a auga, podería evitar a conxelación de superficies, como as ás dos avións. O seu uso axudaría a manter a limpeza de saneamentos en lugares con escaseza de auga, ou para conseguir auga de chuvia con máis eficiencia en países en desenvolvemento.