viernes, 20 de marzo de 2015

Novo sistema de impresión en 3D


Esta asombrosa técnica de impresión 3D, desenvolvida pola empresa Carbon3D Inc., permite que os obxectos saian dun medio líquido de forma continua, un líquido de textura e forma similar á pintura, en vez de ser construídos capa capa como se fai na impresión 3D convencional, o que representa polo tanto un método fundamentalmente novo deste tipo de impresión.

 A tecnoloxía permite que se poidan fabricar obxectos listos para o seu uso entre 25 e 100 veces máis rápido que os outros métodos, e crea xeometrías previamente inalcanzables que abren novas oportunidades para a saúde, aviación, inxeñaría...

Joseph M. DeSimone, é actualmente o xefe executivo de Carbon3D, ahora pretende centrarse en levar a tecnoloxía ao mercado.

A tecnoloxía, chamada CLIP (polas siglas en INGLÉS de Continuous Liquid Interface Production), manipula a luz e o osíxeno para forxar obxectos nun medio líquido, funciona proxectando raios de luz a través dunha ventá permeable ao osíxeno cara a unha resina líquida especial. Creando obxectos comercialmente aptos nos que se poden controlar detalles da súa forma moi pequenos.





Foto ao universo dende o monte



Parámetros:

6 Seg de exposición
1.8 de diafragma
ISO 1000

Fotos realizadas por min do esperado eclipse do 20 de Marzo.




















Fotos realizadas por min, utilicei como filtro unha radiografía para non dañar a cámara.

Parámetros:

velocidade da foto:     1/200 seg.         diafragma: f8.0      e          100ISO

obetivo:   focal fija 50mm

jueves, 19 de marzo de 2015

Mañán, 20 de Marzo.

Como xa deberedes saber mañán 20 de Marzo terá lugar un eclipse moi esperado por todo o mundo, aínda que será de difícil observación, intentarei fotografialo, se son capaz colgarei as fotos que capture.
Na maioría do mundo o eclipse será visto parcialmente, zonas desde as cales o eclipse será total:



martes, 17 de marzo de 2015

As anguilas eléctricas e os seus misterios

Tras moito tempo de estudo, os científicos comezan a desentrañar os misterios das anguilas, como por exemplo como cazan e como comen, descubriuse que as anguilas eléctricas utilizan descargar eléctricas de moi alta tensión para deixar inmovilizadas as presas, apodéranse completamente do seu sistema nervioso, deixando tensos os seus músculos podendo descargar electricidade ata os 600 voltios.
Estes curiosos animais desenvolvéronse nas augas turbias do río Amazonas tras moitos anos de evolución.
Un dos misterios que mais podería axudar á ciencia se se resolvera, é saber como estes animáis se protexen da súa propia corrente eléctrica, e penso eu que o día que se descubra poderase aplicar directamente á ciencia tendo repercusión inmediata.


lunes, 16 de marzo de 2015

A lactancia materna prolongada aumenta o coeficiente intelectual

Houbo un estudo que analizou un grupo de ata case 3.500 persoas dende o seu nacemento ata que cumpriron os trinta anos, mostra a primeira evidencia de que a lactación materna durante máis de doce meses ten un grande impacto no desenvolvemento cognitivo.


"O efecto da lactación materna prolongada inflúe no desenvolvemento cerebral e a intelixencia dos NENOS, pero estes efectos persisten tamén na idade adulta", sinalou Bernardo Lessa Horta, da Universidade Federal de Pelotas, en Brasil. Segundo o informe, un neno que dure máis de un ano tomando leite materna terá 0,9 anos mais de escolaridade e gañará 98 euros máis no seu salario mensual. (aproximacións feitas polo estudo)






jueves, 12 de marzo de 2015

Sensor magnético para pel humana que podería dotarnos dun "sexto sentido"


Este sería o primeiro paso cara a un obxectivo que ata non hai moito parecía ancorado a perpetuidade na ciencia-ficción e que agora xa non se ve tan inalcanzable: 
Dotar o Ser Humano dun sexto sentido, neste caso magnético. Na fase inicial de desenvolvemnto tecnolóxico, o sensor limitarase a indicar mediante o tipo de luces LED a presenza dun campo magnético, é dicir; transmitirá de xeito indirecto os sinais do sexto sentido ao sentido da vista. 
Para unha persoa cuxo traballo requira detectar campos magnéticos, levar o sensor adherido á man será unha forma moito máis áxil de detectalos que ter que soster na man un aparato. Máis a longo prazo, poderíase pasar a algún TIPO adicional e máis directo de sinalización sensorial, por exemplo táctil. O usuario non necesitaría estar a mirar a súa man para detectar un campo magnético. Por exemplo, unha vibración na pel podería delatarlle a presenza dun deles, tanto máis forte como intensa fose a vibración.




Eclipse de Sol podería deixar a Europa sen electricidade


CIDADE DE MÉXICO (24/FEB/2015).- Unha eclipse total de SOL que se presentará o próximo 20 de marzo puxo a tremer ao sistema eléctrico de Europa, xa que o fenómeno podería deixar sen enerxía a varios países do continente.

O 20.5% da enerxía de Europa depende do Sol e ESTA non é a primeira vez que se ve 'ameazada' ', o portal sinala que en 1999 se experimentou unha situación familiar.





lunes, 9 de marzo de 2015

E haberá vida noutros planetas...?

A Terra non é máis que un diminuto punto pálido azul, un insignificante gran de area dentro do universo. Cada vez parece máis improbable que o planeta azul sexa o único que alberga vida.

Segundo un estudo da Real Sociedad Astronómica, os planetas situados en zonas habitables de estrelas da Vía Láctea poderían contarse por miles de millóns. Unha cifra impensable de mundos que poderían atesourar auga líquida, e mesmo organismos vivos.

A nave Kepler da NASA ten como misión encontrar planetas que se encontran fóra do noso Sistema Solar.

Os astrofísicos calcularon o número probable de planetas que orbitan a zona habitable das entre 100.000 e 400.000 millóns de estrelas da Vía Láctea. Segundo as estimacións dun equipo internacional de ivestigadores, cada un destes soles podería abeirar entre un e tres planetas con CONDICIÓNS PARA a vida.

A misión Kepler está deseñada para detectar planetas que orbitan relativamente preto das súas estrelas, aínda que moitos de estes son demasiado quentes para a vida.