domingo, 11 de enero de 2015

Un material repele a auga ata facela rebotar

Un metal repele de tal maneira a auga que as gotas saen disparadas nada máis rozalo, que xeran esta propiedade excepcional, denominada superhidrofobia.

O equipo de investigadores da Universidade de Rochester (EUA) que o logrou crea, usando pulsos de láser, un modelo complexo de estructuras moi pequenas para dar aos metais estas novas propiedades. A vantaxe principal desta técnica é que, ao estas dentro do propio do propio metal, esta superhidrofobia non se borra ou deteriora con facilidade, coma cando se consegue con tratamentos químicos.

Ten múltiples aplicacións, é un metal que repele de tal forma a auga que as gotas saen disparadas nada máis tocalo. O truco está nuns patróns microscópicos debuxados na súa superficie con axuda do láser, que xeran esta propiedade excepcional, denominada superhidrofobia.

Ao repeler a auga, podería evitar a conxelación de superficies, como as ás dos avións. O seu uso axudaría a manter a limpeza de saneamentos en lugares con escaseza de auga, ou para conseguir auga de chuvia con máis eficiencia en países en desenvolvemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario