jueves, 28 de mayo de 2015

Antes ou despois unha gran tormenta magnética golpeará a Terra e colapsará as nosas redes eléctricas, de GPS e de comunicacións

Antes ou despois sucederá. Unha gran tormenta magnética, provocada polo Sol, golpeará a Terra e colapsará as nosas redes eléctricas, de GPS e de comunicacións, afectando á vida de millóns de persoas.

 E o peor é que os sistemas actuais de detección só poden avisar cunha marxe de entre 30 e 60 minutos.


Graves consecuencias


Non obstante, non todas as execcións de masa coronal que se producen no Sol e que chegan á Terra son daniñas para a nosa tecnoloxía. A súa capacidade de facernos dano, en efecto, depende da orientación dos campos magnéticos internos da nube de material que nos golpea. E hoxe en día, os satélites só poden dicirnos con certeza cal é esa orientación magnética con moi pouca antelación, entre 30 e 60 minutos antes da cal a enorme nube de material solar chegue á Terra. Un tempo de todo insuficiente para mitigar o impacto desconectando as centrais eléctricas e os sistemas GPS.

Romper a barreira das 24 horas na predición é de vital importancia para poder facer fronte aos problemas potenciais antes de que sexa tarde.









Agora, a NASA leva a cabo unha serie de probas adicionais cunha nova técnica. Se os resultados seguen sendo bos, o sistema será adoptado pronto en todo o mundo.











martes, 26 de mayo de 2015

O mar crece e crece...

Revelouse recentemente que o nivel do mar creceu este ano dunha forma considerable contrariamente a como ía acontecendo os anos anteriores, e seguirá a facelo. Estímase que de aquí a cen anos o nivel do mar adentrarase aos continentes un metro cada ano.





Estos datos provocan certa controversia no mundo científico, xa que hai uns que din que estamos no límite e que a este paso en 2100 o aumento do nivel do mar por ano será dun metro, pero non obstante hai outros que din que estes datos non son demasiado fiables xa que só son duns poucos anos.

En calquera caso a miña opinión é que podemos sacar unha clara conclusión da noticia, estámonos a cargar a Terra de tal maneira que a auga que debería estar nos casquetes polares, podería chegar a estar sobre as nosas cidades costeiras nuns poucos anos e polo tanto hai que tomar nota.


jueves, 14 de mayo de 2015

así funciona o cerebro:




Os trastornos como a ansiedade, a depresión ou a adicción ás drogas poderían ter a súa orixe no vínculo que une as experiencias malas coas boas. Así, os circuítos cerebrais que xestionan os sucesos tanto dun como doutro lado poden anularse entre si, estando as experiencias positivas e negativas conectadas.




 O seu desequilibrio é o que provocaría este tipo de trastornos. É unha das conclusións do último estudo.

os circuítos que controlan ambas as dúas experiencias están conectados e que ademais son capaces de anularse uns a outros. Isto é, os sucesos negativos ou dolorosos non só preséntanse como algo negativo ante o noso cerebro senón que debilitan a capacidade do lado oposto: ao noso cerebro cústalle máis procesar sensacións positivas tras unha experiencia negativa e viceversa.

O estrés e a ansiedade grave poden conducir á depresión, que pode estar relacionada coa supresión dos circuítos de recompensa debido a que os circuítos da dor ou o medo están hiperactivos.

Poderemos aprender a reconectar este cableado cerebral para curar trastornos?

domingo, 10 de mayo de 2015

Stephen Hawking: "A Inteligencia Artificial" pode ser o peor erro da humanidade"

-Eu Mario, penso que se nalgún momento os científicos conseguen desenvolver a Intelixencia Artificial, esta acabará con nós, os humáns, xa que penso que intentará mellorar continuamente e, se non acaba con nos manteranos esclavizados. (falando un pouco coma de ciencia-ficción)

Palabras de Sthepen Hawking:

"Estamos ante un futuro de incalculables posibilidades, oportunidades e riscos. É lóxico pensar que os científicos están a tomar todas as precaucións para asegurar o mellor resultado posible, verdade? Pois non é así. Se unha civilización do espazo exterior nos enviase unha mensaxe dicindo: "Chegamos nuns anos", a nosa resposta sería: " Ok! Avisádenos cando esteades a chegar para deixar as luces acendidas"? Probablemente non, pero iso é máis ou menos o que está a acontecer coa intelixencia artificial. Aínda que sabemos que aI.A. ten o potencial para ser o maior acerto, ou o peor erro da humanidade, non se están a investigar seriamente as súas implicacións Las únicas organizacións que están a estudar isto son oCentro Cambridge para o estudo do risco existencial, o Instituto para o futuro da humanidade, o Centro de Investigación de Intelixencia Artificial, ou o Instituto Vida Futura. Todos nós deberiamos preguntarnos dende hoxe mesmo que pode facerse para aproveitar o mellor da intelixencia artificial e evitar o peor."