jueves, 11 de junio de 2015

As bacterias dos teus zapatos desvelan onde estiveches

Un microbiólogo, desmostrou xunto a outros científicos, que cada familia ten unha aura de bacterias característico que a diferenza das demais. Xa entón fíxose unha pregunta clave: poderían as comunidades de bacterias encontradas nos obxectos persoais dunha persoa desvelar os seus últimos movementos?




Nun estudo publicado fai bastante pouco, o biólogo demostrou xunto a outros compañeiros que esas bacterias que habitan nos nosos obxectos persoais serven para reconstruír cales foron nosos últimos pasos, uns resultados que xa se están a intentar aplicar a xustiza para identificar sospeitosos sen necesidade de ADN humano, só bacteriano. Os expertos tomaron mostras dos teléfonos móbiles, os zapatos e o chan que pisaban dúas persoas durante dous días Demostramos que ir da túa sala de estar á dun amigo produce un importante cambio na estrutura da comunidade microbiana dos teus obxectos persoais que podemos detectar", explica un investigador e coautor da investigación.

As análises do ADN bacteriano mostran que as comunidades de microbios nos zapatos cambian rapidamente en función do chan e que a súa composición característica pode usarse para reconstruír os últimos movementos dunha persoa.

lunes, 8 de junio de 2015

Non vos olvidedes de vacunaros da sarampelo...

Un estudo da revista science da universidade de Priceton e o centro medico universitario de Rotterdam afirman que a vacina contra o sarampelo á parte de protexerte contra esta te protexe nun futuro doutras enfermidades diferentes.

O virus do sarampelo leva ao noso sistema inmune a unha especie de amnesia que o fai esquecer como combater certas enfermidades de orixe bacteriana.

Determinaron que a mortalidade por enfermidades infecciosas que non son sarampelo en países de altos ingresos esta estreitamente conectada coa incidencia do sarampelo nese lugar.

É hora de rebaixar a mortalidade doutras enfermidades infecciosas.

Gran descubrimento por parte destes científicos, isto axudará á xente a quitar o medo ás vacinas, xa que teñen mais beneficios que cousas malas.


sábado, 6 de junio de 2015

Novas medidas de seguridade ao volante: sistema anti-alcohol.

Unha axencia vinculada ao goberno dos Estados Unidos, presentou un sistema que podería acabar coa posibilidade de que un condutor baixo os efectos do alcohol poida coller un coche.

Persegue reducir o número de falecidos na estrada por culpa da bebida e rematar con esta mala práctica. Unha tecnoloxía, que, como apuntan os expertos, podería aínda tardar 8 anos en comercializarse.






En qué consiste este novo sistema?



O sistema esta formado en primeiro lugar, por un alcoholímetro pasivo instalado sobre o voante ou integrado na porta do condutor, que detectaría no alento o nivel de alcohol. Mediante uns destellos de luz infravermella dirixida cara ás moléculas de aire expiradas polo condutor, podería diferenciar entre as de dióxido de carbono e as de etanol, xa que cada unha delas absorbe unha cantidade de luz diferente.

Na miña opinión, é un método que, cando se comercialice, poderá salvar moitas vidas, aínda que non é de todo seguro que nun futuro todos os coches teñan este sistema, polo tanto quen quera facelo dunha maneira ou outra (e, por desgracia) pode.

miércoles, 3 de junio de 2015

Crean cápsulas de feces fecais contra infeccións intestinais

A utilidade do método baséase no feito de que existe unha perigosa bacteria chamada Clostridium difficile, que pode provocar graves infeccións intestinais que son de difícil tratamento cos antibióticos tradicionais e que moitas veces produce complicacións que poden levar aos pacientes mesmo á morte.

Ata agora, o único xeito de facer chegar as feces ata o intestino do paciente sen contaminar zonas sensibles era introducindo unha sonda directamente no xexún ou mediante unha colonoscopía, métodos complicados que coa nova pílula cre que poderían ter chegado á súa fin.




Crean-capsulas-de-heces-fecales-contra-infecciones-intestinales-1.jpg


É importante aclarar que as feces fecais empregadas polo xeral son doadas por familiares da persoa enferma e teñen como obxectivo restaurar a flora intestinal do paciente, gravemente afectada debido á multiplicación excesiva de C. difficile (que normalmente habita nos nosos intestinos) e a gran cantidade de toxinas que esta superpoboación produce.

Para a súa confección débense recoller as feces fecais totalmente frescas, encapsulalas e sometelas a un proceso de conxelación, de maneira que as bacterias útiles que conteñen non cheguen a morrer, xa que serán as encargadas de repoboar a flora afectada.



Está comprobado que 15 cápsulas de heces en dous días recompoñen totalmente a flora intestinal.