domingo, 10 de mayo de 2015

Stephen Hawking: "A Inteligencia Artificial" pode ser o peor erro da humanidade"

-Eu Mario, penso que se nalgún momento os científicos conseguen desenvolver a Intelixencia Artificial, esta acabará con nós, os humáns, xa que penso que intentará mellorar continuamente e, se non acaba con nos manteranos esclavizados. (falando un pouco coma de ciencia-ficción)

Palabras de Sthepen Hawking:

"Estamos ante un futuro de incalculables posibilidades, oportunidades e riscos. É lóxico pensar que os científicos están a tomar todas as precaucións para asegurar o mellor resultado posible, verdade? Pois non é así. Se unha civilización do espazo exterior nos enviase unha mensaxe dicindo: "Chegamos nuns anos", a nosa resposta sería: " Ok! Avisádenos cando esteades a chegar para deixar as luces acendidas"? Probablemente non, pero iso é máis ou menos o que está a acontecer coa intelixencia artificial. Aínda que sabemos que aI.A. ten o potencial para ser o maior acerto, ou o peor erro da humanidade, non se están a investigar seriamente as súas implicacións Las únicas organizacións que están a estudar isto son oCentro Cambridge para o estudo do risco existencial, o Instituto para o futuro da humanidade, o Centro de Investigación de Intelixencia Artificial, ou o Instituto Vida Futura. Todos nós deberiamos preguntarnos dende hoxe mesmo que pode facerse para aproveitar o mellor da intelixencia artificial e evitar o peor."




No hay comentarios:

Publicar un comentario