jueves, 11 de junio de 2015

As bacterias dos teus zapatos desvelan onde estiveches

Un microbiólogo, desmostrou xunto a outros científicos, que cada familia ten unha aura de bacterias característico que a diferenza das demais. Xa entón fíxose unha pregunta clave: poderían as comunidades de bacterias encontradas nos obxectos persoais dunha persoa desvelar os seus últimos movementos?




Nun estudo publicado fai bastante pouco, o biólogo demostrou xunto a outros compañeiros que esas bacterias que habitan nos nosos obxectos persoais serven para reconstruír cales foron nosos últimos pasos, uns resultados que xa se están a intentar aplicar a xustiza para identificar sospeitosos sen necesidade de ADN humano, só bacteriano. Os expertos tomaron mostras dos teléfonos móbiles, os zapatos e o chan que pisaban dúas persoas durante dous días Demostramos que ir da túa sala de estar á dun amigo produce un importante cambio na estrutura da comunidade microbiana dos teus obxectos persoais que podemos detectar", explica un investigador e coautor da investigación.

As análises do ADN bacteriano mostran que as comunidades de microbios nos zapatos cambian rapidamente en función do chan e que a súa composición característica pode usarse para reconstruír os últimos movementos dunha persoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario