sábado, 6 de junio de 2015

Novas medidas de seguridade ao volante: sistema anti-alcohol.

Unha axencia vinculada ao goberno dos Estados Unidos, presentou un sistema que podería acabar coa posibilidade de que un condutor baixo os efectos do alcohol poida coller un coche.

Persegue reducir o número de falecidos na estrada por culpa da bebida e rematar con esta mala práctica. Unha tecnoloxía, que, como apuntan os expertos, podería aínda tardar 8 anos en comercializarse.






En qué consiste este novo sistema?



O sistema esta formado en primeiro lugar, por un alcoholímetro pasivo instalado sobre o voante ou integrado na porta do condutor, que detectaría no alento o nivel de alcohol. Mediante uns destellos de luz infravermella dirixida cara ás moléculas de aire expiradas polo condutor, podería diferenciar entre as de dióxido de carbono e as de etanol, xa que cada unha delas absorbe unha cantidade de luz diferente.

Na miña opinión, é un método que, cando se comercialice, poderá salvar moitas vidas, aínda que non é de todo seguro que nun futuro todos os coches teñan este sistema, polo tanto quen quera facelo dunha maneira ou outra (e, por desgracia) pode.

No hay comentarios:

Publicar un comentario