Este sería o primeiro paso cara a un obxectivo que ata non hai moito parecía ancorado a perpetuidade na ciencia-ficción e que agora xa non se ve tan inalcanzable:
Dotar o Ser Humano dun sexto sentido, neste caso magnético. Na fase inicial de desenvolvemnto tecnolóxico, o sensor limitarase a indicar mediante o tipo de luces LED a presenza dun campo magnético, é dicir; transmitirá de xeito indirecto os sinais do sexto sentido ao sentido da vista.
Para unha persoa cuxo traballo requira detectar campos magnéticos, levar o sensor adherido á man será unha forma moito máis áxil de detectalos que ter que soster na man un aparato. Máis a longo prazo, poderíase pasar a algún TIPO adicional e máis directo de sinalización sensorial, por exemplo táctil. O usuario non necesitaría estar a mirar a súa man para detectar un campo magnético. Por exemplo, unha vibración na pel podería delatarlle a presenza dun deles, tanto máis forte como intensa fose a vibración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario