lunes, 9 de marzo de 2015

E haberá vida noutros planetas...?

A Terra non é máis que un diminuto punto pálido azul, un insignificante gran de area dentro do universo. Cada vez parece máis improbable que o planeta azul sexa o único que alberga vida.

Segundo un estudo da Real Sociedad Astronómica, os planetas situados en zonas habitables de estrelas da Vía Láctea poderían contarse por miles de millóns. Unha cifra impensable de mundos que poderían atesourar auga líquida, e mesmo organismos vivos.

A nave Kepler da NASA ten como misión encontrar planetas que se encontran fóra do noso Sistema Solar.

Os astrofísicos calcularon o número probable de planetas que orbitan a zona habitable das entre 100.000 e 400.000 millóns de estrelas da Vía Láctea. Segundo as estimacións dun equipo internacional de ivestigadores, cada un destes soles podería abeirar entre un e tres planetas con CONDICIÓNS PARA a vida.

A misión Kepler está deseñada para detectar planetas que orbitan relativamente preto das súas estrelas, aínda que moitos de estes son demasiado quentes para a vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario