viernes, 20 de marzo de 2015

Novo sistema de impresión en 3D


Esta asombrosa técnica de impresión 3D, desenvolvida pola empresa Carbon3D Inc., permite que os obxectos saian dun medio líquido de forma continua, un líquido de textura e forma similar á pintura, en vez de ser construídos capa capa como se fai na impresión 3D convencional, o que representa polo tanto un método fundamentalmente novo deste tipo de impresión.

 A tecnoloxía permite que se poidan fabricar obxectos listos para o seu uso entre 25 e 100 veces máis rápido que os outros métodos, e crea xeometrías previamente inalcanzables que abren novas oportunidades para a saúde, aviación, inxeñaría...

Joseph M. DeSimone, é actualmente o xefe executivo de Carbon3D, ahora pretende centrarse en levar a tecnoloxía ao mercado.

A tecnoloxía, chamada CLIP (polas siglas en INGLÉS de Continuous Liquid Interface Production), manipula a luz e o osíxeno para forxar obxectos nun medio líquido, funciona proxectando raios de luz a través dunha ventá permeable ao osíxeno cara a unha resina líquida especial. Creando obxectos comercialmente aptos nos que se poden controlar detalles da súa forma moi pequenos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario