martes, 17 de marzo de 2015

As anguilas eléctricas e os seus misterios

Tras moito tempo de estudo, os científicos comezan a desentrañar os misterios das anguilas, como por exemplo como cazan e como comen, descubriuse que as anguilas eléctricas utilizan descargar eléctricas de moi alta tensión para deixar inmovilizadas as presas, apodéranse completamente do seu sistema nervioso, deixando tensos os seus músculos podendo descargar electricidade ata os 600 voltios.
Estes curiosos animais desenvolvéronse nas augas turbias do río Amazonas tras moitos anos de evolución.
Un dos misterios que mais podería axudar á ciencia se se resolvera, é saber como estes animáis se protexen da súa propia corrente eléctrica, e penso eu que o día que se descubra poderase aplicar directamente á ciencia tendo repercusión inmediata.


No hay comentarios:

Publicar un comentario